Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 9184

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz-Balneario

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 3 do proxecto de ordenación do medio rural de Mondariz-Balneario.

Unha vez aprobada inicialmente a modificación puntual nº 3 do proxecto de ordenación do medio rural de Mondariz-Balneario, mediante Acordo do Pleno do 25 de xaneiro de 2017, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese á información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou para obter copias. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello https://www.mondarizbalneario.es.

Mondariz-Balneario, 2 de febreiro de 2017

José Antonio Lorenzo Rodríguez
Alcalde