Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 317/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Isorna Busto contra Construcciones Rafra, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:
Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela
Sentencia: 54/2017
PO procedemento ordinario 317/2015
Procedemento de orixe: /
Sobre: ordinario
Demandante: Roberto Isorna Busto
Avogado: Laureano Manuel Barreiro Pereira
Demandados: Construcciones Rafra, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)
Sentenza.
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2017.
Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 317/2015, son parte neste, como demandante, Roberto Isorna Busto, asistido polo letrado Sr. Barreiro Pereira, e, como demandado/s, Construcciones Rafra, S.L., que non comparece, malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base no seguinte:
Resolución:
Estímase a demanda interposta por Roberto Isorna Busto fronte a Construcciones Rafra, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 8.769,96 euros, máis o xuro do 10 %, e a cantidade de 18.212,93 euros en concepto de indemnización por despedimento. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso.
Notifíquese a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente-causa seu ou beneficiaria do réxime público de Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na “Conta de depósitos e consignacións” aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.
Están exentas de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.
Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.
E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Rafra, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2017
A letrada da Administración de xustiza