Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de mantemento integral dos equipamentos de hostalaría do Hospital Universitario Lucus Augusti e centros anexos.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Doutor Ulises Romero nº 1-2º andar.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Teléfonos: 982 29 62 29/60 57/60 47.

5º. Telefax: 982 29 65 92.

6º. Correo electrónico:

ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es ou enrique.del.castillo.lopez@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: último día do prazo de presentación de proposicións, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-EIL1-17-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: mantemento preventivo (mediante revisións periódicas de seguridade e control de funcionamento, limpeza e axustes de acordo cos protocolos establecidos) e mantemento correctivo (mediante intervencións non programadas para a corrección de deficiencias ou avarías detectadas) sobre os equipamentos de hostalaría do Hospital Universitario Lucus Augusti e centros anexos (Hospital de Calde e Unidade de Saúde Mental).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

2º. Localidade e código postal: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: vinte e catro meses.

f) Admisión de prórroga: si. Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 50881000-4.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: cento setenta e nove mil douscentos oitenta euros (179.280,00 €).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: oitenta e nove mil seiscentos corenta euros (89.640,00 €). Importe total: cento oito mil catrocentos sesenta e catro euros con corenta céntimos (108.464,40 €).

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser o caso): véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural, contado desde o seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2º. Enderezo: Doutor Ulises Romero nº 1-2º andar.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Enderezo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es

d) Número previsto de empresas que se pretende invitar para presentaren ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala 305 da Xerencia, no Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero nº 1-3º andar.

c) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Data e hora: a data e hora de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es.

10. Gastos de publicidade: o pagamento do anuncio desta licitación será por conta do adxudicatario do contrato.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso):

12. Outras informacións:

Lugo, 25 de xaneiro de 2017

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos