Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da realización dos servizos de desenvolvemento de evolución do sistema Ianus na súa versión 4 e módulos asociados (expediente AB-SER1-16-046).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER1-16-046.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: realización dos servizos de desenvolvemento de evolución do sistema Ianus na súa versión 4 e módulos asociados.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 72200000-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

Concepto

Puntuación

– Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Plan de evolución dos sistemas

0-30

Metodoloxía de traballo e plan de participación dos recursos

0-20

– Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica (prezo/hora ofertado)

0-40

Parámetros de servizo

0-10

4. Valor estimado do contrato: 905.250 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 852.000 €.

b) Importe total: 1.030.920 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver letras e) e f) da cláusula 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 14.3.2017.

Sé o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2.1 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal:15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 1.2.2017.

12. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, programa operativo crecemento intelixente 2014-2020, obxectivo temático 1.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos