Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8511

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 936/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 936/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iker Fernández Caballero contra Equipo Pispireta, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxa resolución expresa:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Iker Fernández Caballero, contra Equipo Pispireta, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 8.847 polos conceptos analizados no feito probado cuarto desta sentenza, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non procede a súa condena nesta instancia e debe observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Equipo Pispireta, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza