Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 3 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, ditada no expediente administrativo 2008/207-15.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución ditada o 24 de novembro de 2016 pola directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica no expediente administrativo núm. 2008/207-15, pola que se acorda o reintegro da compensación económica percibida indebidamente, notifícaselle a Dolores Barrul Escudero a dita resolución mediante esta cédula e ao abeiro do disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias do Servizo de Protección de Menores situado na rúa San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, se non exerce o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da dita publicación (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2017

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica