Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 30 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Fene (expediente IN407A 2016/3037).

Expediente: IN407A 2016/3037.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS, CTC e RBT. Sixto-Mauriz.

Concello: Fene.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión soterrada, cunha lonxitude de 1,108 m, con orixe no CT O Cádavo (expediente 254/01), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV AI, e final nos empalmes proxectados na LMTS ASN-706, no tramo entre o CT O Cádavo (expediente 254/01) e o CT avda. Concello (expediente 495/06), logo de realizar entrada e saída no CT Sixto Mauriz proxectado.

Centro de transformación prefabricado Sixto Mauriz, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400 V.

Rede de baixa tensión subterránea do CT Sixto Mauriz proxectado, cunha lonxitude de 347 m, coa orixe no CT proxectado, condutor tipo XZ1.

Rede de baixa tensión aérea do CT Sixto Mauriz, cunha lonxitude de 113 m, coa orixe no paso de subterráneo a aéreo que se vai realizar en apoios existentes, condutor tipo RZ, e fin na RBTA existente.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se acompaña a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/3037.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS, CTC e RBT. Sixto-Mauríz.

Concello: Fene.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

Número de predio: 1.

Lugar: A Costeira.

Cultivo: prado.

Propietario: José Maceira Eivé (Rpte.: Esperanza Maceira González).

Afección de solo en pleno dominio: apoio centro transformación, m2 39.0.