Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 17 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Bergondo (expediente IN407A 2016/2402-1).

Expediente: IN407A 2016/2402-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: adecuación LMT, CT 15C731 polígono de Bergondo, 2.

Concello: Bergondo.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 2×27 m, con orixe no apoio 43A-D11 da LMTA BEG714, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV - 1×240 Al e final no CT polígono de Bergondo, nº 2.

Adecuación do centro de transformación prefabricado do polígono de Bergondo, nº 2, no cal se substituirán as celas de liña e protección existentes por un conxunto de celas compactas 2L+P, e o cadro de BT, e a súa ampliación por uns novos.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña