Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8389

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente SV-A-06-2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: SV-A-06-2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de actividades do programa de lecer dirixido a persoas con diversidade funcional do Concello de Bergondo.

b) Lugar de execución: Concello de Bergondo.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidad de criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación:

Prezo anual: 61.896,36 € sen IVE; máis o IVE (10 %): 6.189,64 €; 68.086,00 € IVE incluído.

Prezo estimado do contrato, incluíndo eventual prórroga: 185.689,08 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: Bergondo, 15165.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

Perfil do contratante: www.bergondo.es

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9.00 ás 14.45 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación.

d) Lugar de presentación: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral. Estrada da Coruña, nº 12, 15165 Bergondo.

9. Criterios de adxudicación do contrato:

9.1. Plan de actuación: ata 35 puntos, dous subcriterios. Cláusula 16.1.1 do prego.

9.2. Cadro recursos humanos: ata 30 puntos. Cláusula 16.1.2 do prego.

9.3. Oferta económica: ata 28 puntos. Cláusula 16.1.3 do prego.

9.4. Melloras: ata 7 puntos. Cláusula 16.1.4 do prego.

10. Solvencia económica-financeira e técnica:

10.1. Solvencia económica: acreditación e mínimo: o volume anual de negocios do licitador, que referido ao ano de maior volume dos tres últimos concluídos deberá ser polo menos de 92.844,54 euros. Artigo 11.4.a) Real decreto 1098/2001.

10.2. Solvencia técnica: acreditación e mínimo: relación dos traballos efectuados no últimos cinco anos, correspondentes ao mesmo tipo ou natureza ao que corresponde o obxecto do contrato. Artigo 11.4.b) do Real decreto 1098/2001. Requirirase que o importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior a 43.327,45 euros.

11. Apertura das ofertas:

a) Data: o terceiro día hábil seguinte ao que finalice o prazo de presentación de proposicións.

b) Hora: 13.00 horas.

12. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio.

13. Gastos do adxudicatario:

Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Bergondo, 13 de febreiro de 2017

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa