Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8392

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente SV-A-07-2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: SV-A-07-2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de actividades do programa de envellecemento activo das persoas maiores do concello de Bergondo.

b) Lugar de execución: Concello de Bergondo.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación.

Prezo anual: 78.272,73 €, sen IVA; máis o IVE (10 %): 7.827,27 €; 86.100,00 €, IVA incluído. Prezo estimado do contrato, incluída eventual prórroga: 234.818,19 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

Perfil do contratante: www.bergondo.es

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 15 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9.00 ás 14.45 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación.

d) Lugar de presentación: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral. Estrada da Coruña, nº 12, 15165 Bergondo.

9. Criterios de adxudicación do contrato.

9.1. Plan de actuación: ata 35 puntos, con dous subcriterios, cláusula 16.1.1 do prego.

9.2. Oferta económica: ata 28 puntos, cláusula 16.1.2 do prego.

9.3. Experiencia profesional recursos humanos: ata 30 puntos, cláusula 16.1.3 do prego.

9.4. Melloras ofertadas: ata 7 puntos, cláusula 16.1.4 do prego.

10. Solvencia económico-financeira e técnica.

10.1. Solvencia económica: acreditación e mínimo: o volume anual de negocios do licitador, que referido ao ano de maior volume dos tres últimos concluidos deberá ser, polo menos, de 117.409,10 €. Artigo 11.4.a) do Real decreto 1098/2001.

10.2. Solvencia técnica: acreditación e mínimo: relación dos traballos efectuados no últimos cinco anos, correspondentes ao mesmo tipo ou natureza ao que corresponde o obxecto do contrato. Artigo 11.4.b) do Real decreto 1098/2001. Requirirase que o importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior a 54.790,91 €.

11. Apertura das ofertas.

a) Data: o terceiro día hábil seguinte ao que finalice o prazo de presentación de proposicións.

b) Hora: 13.00 horas.

12. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio.

13. Gastos do adxudicatario.

Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Bergondo, 13 de febreiro de 2017

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa