Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8312

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2900/2016).

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2900/2016 desta sección, seguido por instancia de Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Pizarras Las Cuartas, S.A., Pizarras Gallegas, S.A., Couso Cotado, S.A., Pizarras Dimaca, S.A., Pizarras Intradima, S.L., Mutua Universal Mugenat, Mutua Mc Mutual, Mutua de Accidentes de Traballo Fraternidad-Muprespa, Pizarras Manada Vieja, S.A., Valdemar Berciano Puente sobre accidente de grao, se ditou en data de hoxe a seguinte resolución:

«O anterior escrito subscrito pola letrada da Administración da Seguridade Social, en representación do INSS e TGSS, únase ao recurso da súa razón.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrada, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Emprácese a Pizarras Las Cuartas, S.A., por medio de edicto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 4 de Ourense que a resolución desta sala ten sida recorrida en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso».

E para que sirva de notificación e localización en legal forma a Pizarras Las Cuartas, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza