Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8182

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ORDE do 24 de xaneiro de 2017 pola que se nomean os membros do Consello Reitor da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

O 13 de xaneiro de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia, que no seu artigo 5 configura o Consello Reitor como un dos seus órganos de goberno e no seu artigo 7 indica que é o órgano colexiado de goberno de Augas de Galicia.

A composición do Consello Reitor fíxase no artigo 7 do estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia e indícase que está integrado pola Presidencia, que lle corresponde a quen desempeñe a de Augas de Galicia, a Vicepresidencia, que corresponde a quen desempeñe a dirección da entidade, e que, ademais, formarán parte del os seguintes vogais:

a) Once representantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, propostos polas consellerías seguintes:

Cinco serán propostos pola consellería competente en materia de augas.

Un será proposto polas consellerías competentes en materia de administracións públicas, facenda, industria, sanidade, desenvolvemento rural e pesca.

b) Tres vogais representantes das entidades locais propostos pola Federación Galega de Municipios e Provincias, dos cales un deberá ser, chegado o caso da súa creación, proposto polas áreas metropolitanas que se creen.

c) Oito vogais representantes dos usuarios: dous polos usos domésticos da auga. Corresponderá a proposta dun deles ás entidades subministradoras e do outro ás comunidades de usuarios e autoabastecemento, dous polos usuarios agrícolas e gandeiros, dous polos usos industriais e dous en representación dos aproveitamentos hidroeléctricos.

d) Un vogal en representación das asociacións non gobernamentais de carácter ambiental máis representativas de Galicia.

e) Un/unha representante da Administración xeral do Estado.

En cumprimento do disposto no Estatuto de Augas de Galicia, o 30 de xaneiro de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 24 de xaneiro de 2012 pola que se nomean os membros do Consello Reitor da entidade pública empresarial Augas de Galicia. O artigo 7.5 do Estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia prevé que o mandato dos representantes dos usuarios dure catro anos, polo que, finalizado o dito período, procede efectuar novos nomeamentos.

Por todo isto, en virtude do establecido no artigo 7.5 do citado estatuto e das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Primeiro. Deixar sen efecto os nomeamentos de vogais titulares e suplentes do Consello Reitor de Augas de Galicia efectuados pola Orde do 24 de xaneiro de 2012 (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro).

Segundo. Nomear vogais titulares e suplentes do Consello Reitor da entidade pública empresarial Augas de Galicia as persoas titulares dos postos que se indican:

a) Once vogais en representación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, propostos por cada unha das consellerías competentes nas seguintes materias:

a.1. Cinco pola consellería competente en materia de augas:

1º. Titular: a persoa titular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

2º. Suplente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental.

3º. Titular: a persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas.

4º. Suplente: a persoa titular da Xefatura de Área de Seguridade Viaria e Obras da Axencia Galega de Infraestruturas.

5º. Titular: a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

6º. Suplente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas.

7º. Titular: a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

8º. Suplente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Urbanismo.

9º. Titular: a persoa titular da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico.

10º. Suplente: a persoa titular da Xefatura do Servizo de Planificación e Programación Hidrolóxica.

a.2. Un pola consellería competente en materia de administracións públicas:

1º. Titular: a persoa titular da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

2º. Suplente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil.

a.3. Un pola consellería competente en materia de facenda:

1º. Titular: a persoa titular da Subdirección Xeral de Programación Financeira do Sector Público Autonómico e de Seguimento de Políticas de Gasto.

2º. Suplente: a persoa titular da Xefatura do Servizo de Seguimento de Políticas de Gasto.

a.4. Un pola consellería competente en materia de industria:

1º. Titular: a persoa titular da Subdirección Xeral de Enerxía.

2º. Suplente: a persoa titular da Xefatura do Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética.

a.5. Un pola consellería competente en materia de sanidade:

1º. Titular: a persoa titular da Dirección Xeral de Saúde Pública.

2º. Suplente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde.

a.6. Un pola consellería competente en materia de desenvolvemento rural:

1º. Titular: a persoa titular da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

2º. Suplente: a persoa titular da Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias.

a.7. Un pola consellería competente en materia de pesca:

1º. Titular: a persoa titular da Dirección do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño.

2º. Suplente: a persoa titular da Subdirección do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño.

b) Tres vogais en representación das entidades locais:

b.1. Titular: a persoa titular da Alcaldía de Cervo.

b.2. Suplente: a persoa titular da Alcaldía de Padrón.

b.3. Titular: a persoa titular da Alcaldía de Silleda.

b.4. Suplente: a persoa titular da Alcaldía do Barco de Valdeorras.

b.5. Titular: a persoa titular da Alcaldía de San Sadurniño.

b.6. Suplente: a persoa titular da Alcaldía de Carballo.

c) Oito vogais representantes dos usuarios:

c.1. Dous en representación dos usos domésticos da auga:

1º. Titular: a persoa titular da Presidencia da Asociación das Traídas de Augas-Coxapo Galicia.

2º. Suplente: a persoa titular da Secretaría da Asociación das Traídas de Augas-Coxapo Galicia.

3º. Titular: a persoa titular da Delegación de Gestión y Técnicas de Agua, S.A. en Galicia.

4º. Suplente: a persoa titular da Xefatura de Explotación Culleredo da entidade Gestión y Técnicas de Agua, S.A.

c.2. Dous en representación dos usuarios agrícolas e gandeiros:

1º. Titular: a persoa titular da secretaría xeral da asociación profesional Xóvenes Agricultores.

2º. Suplente: a persoa titular da secretaría xeral técnica da asociación profesional Xóvenes Agricultores.

1º. Titular: a persoa titular da secretaría de desenvolvemento rural e Producións Forestais da asociación profesional Unións Agrarias.

2º. Suplente: técnico de gabinete da asociación profesional Unións Agrarias.

c.3. Dous en representación dos usos industriais:

1º. Titular: a persoa designada representante o 15 de marzo de 2016 pola Confederación de Empresarios de Galicia.

2º. Suplente: a persoa designada representante o 15 de marzo de 2016 pola Confederación de Empresarios de Galicia.

3º. Titular: a persoa designada representante o 15 de marzo de 2016 pola Confederación de Empresarios de Galicia.

4º. Suplente: a persoa designada representante o 15 de marzo de 2016 pola Confederación de Empresarios de Galicia.

c.4. Dous en representación dos aproveitamentos hidroeléctricos:

1º. Titular: a persoa titular da Dirección de Explotación de Activos Hidroeléctricos España-Gas Natural Fenosa Generación.

2º. Suplente: a persoa titular da Dirección de Zona Noroeste de Ferroatlántica, S.A.U.

3º. Titular: a persoa titular da Dirección-Xerencia de Energía de Galicia, S.A.

4º. Suplente: a persoa representante de Eléctrica de Cabalar Generación, S.L.

d) Un en representación das asociacións non gobernamentais de carácter ambiental máis representativas de Galicia:

1º. Titular: a persoa titular da presidencia da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza.

2º. Suplente: a persoa titular da Presidencia da Sociedade Galega de Historia Natural.

e) Un en representación da Administración xeral do Estado:

1º. Titular: a persoa titular da Presidencia da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

2º. Suplente: a persoa titular da Xefatura de Planificación Hidrolóxica da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Terceiro. Esta orde producirá efectos desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio