Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 8080

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (8/2016).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario nº 8/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco García Fraga contra Kreta Expansión, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Francisco García Fraga contra a entidade Kreta Expansión, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Kreta Expansión, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 2.925,21 € brutos por salarios devindicados en marzo de 2015, e parte proporcional da paga extra de xullo de 2015, e a compensación económica por vacacións, co xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 427,92 € por indemnización por fin de contrato.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada-xuíza deste Xulgado do Social número 5, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Kreta Expansión, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza