Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 8113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 12 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carral (expediente IN407A 2016/3028-1).

Expediente: IN407A 2016/3028-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: adecuación CT Carral-Coiro.

Concello: Carral.

Características técnicas:

Reforma do centro de distribución existente Carral-Coiro (expediente 51,626), en que se proxecta a substitución das celas de media tensión existentes por un novo conxunto de celas modulares formado por dúas celas de liña, unha cela de acoplamento de barras, outras dúas celas de liña e unha cela de protección para o transformador existente. Instálase un novo conxunto de cables ponte de media tensión entre o transformador existente e a cela de protección proxectada. Proxéctase tamén a adecuación dos catro pasos aéreo-subterráneos existentes no apoio de celosía situado ao lado do centro de distribución.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña