Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 8111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o procedemento de revisión para a planta de moenda, almacenamento e expedición de Cementos Tudela Veguín, S.A.U., no concello de Narón (A Coruña) (expediente 2016-IPPC-M-37).

Para os efectos previstos no Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro de 2013), faise público que polo prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos os documentos titulados:

– Cementos Tudela Veguín, S.A.U. Fábrica de cementos de Narón. Autorización ambiental integrada. Memoria sobre implantación: documento conclusións MTD sector cemento. Novembro 2016.

Para que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes. O documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalo na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2016-IPPC-M-37.

Peticionaria: Cementos Tudela Veguín, S.AU.

CIF: A74314980.

Domicilio social: rúa Argüelles, 25, Oviedo.

Localización da instalación: nordeste do sector IV do polígono Industrial Río do Pozo.

Actividade: moenda, almacenamento e expedición de cemento.

Descrición da instalación: a planta recibe a granel todos os compoñentes do cemento (clínker, xeso e adicións) para a súa moenda e posterior expedición. O proceso consta das seguintes etapas: transporte e almacenamento de materias primas, moenda do cemento, almacenamento e ensilaxe (ou ensacado e paletizado, en función do tipo de cemento) e comercialización.

Verteduras: a planta posúe unha rede separativa de augas pluviais e fecais. As augas pluviais pasan por unha balsa de decantación antes de ser enviadas á rede do polígono, e as fecais por unha fosa séptica para seren posteriormente tamén conectadas na rede do polígono.