Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7778

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 2 de febreiro de 2017 pola que se modifica a autorización do centro privado La Grande Obra de Atocha, do concello da Coruña.

A representante da titularidade do centro privado La Grande Obra de Atocha, do concello da Coruña, solicita a ampliación de 1 unidade de educación especial-plurideficientes.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a ampliación de 1 unidade de educación especial no centro privado que se relaciona a seguir:

Denominación: centro privado La Grande Obra de Atocha.

Código do centro: 15004782.

Domicilio: rúa Baltasar Pardal Vidal,1.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Instituto Secular Hijas de la Natividad de María.

Composición resultante:

Educación infantil: 9 unidades.

Educación primaria: 24 unidades.

Educación secundaria: 16 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Bacharelato: 6 unidades das modalidades de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais.

Educación especial: 2 unidades (plurideficientes).

Formación profesional específica:

– 1 ciclo formativo de grao medio de Actividades Comerciais (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

– 1 ciclo formativo de grao medio de Xestión Administrativa (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

Segundo. Para a posta en funcionamento das unidades que se amplían a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de octubre, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria