Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7776

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 31 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a autorización do centro privado San José de la Guía de Vigo (Pontevedra).

A representante da titularidade do centro privado San José de la Guía de Vigo (Pontevedra), solicita o incremento de 10 postos escolares do ciclo formativo de grao superior en Integración Social autorizado para 20 alumnos/unidade.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o incremento de 10 postos escolares no ciclo formativo de grao superior en Integración Social, no centro privado que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado

Denominación específica: San José de la Guía.

Código: 36011361.

Enderezo: r/ Doutor Corbal, 25.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Código postal: 36207.

Provincia: Pontevedra.

Titular: misioneiras Siervas de San José.

Composición resultante:

a) Educación infantil: 3 unidades.

b) Educación primaria: 6 unidades.

c) Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

d) Formación profesional:

– Ciclo formativo de formación profesional básica en Informática e Comunicacións (2 unidades para 20 alumnos/as unidade).

– Ciclo formativo de grao superior en Educación Infantil (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

– Ciclo formativo de grao superior en Integración Social (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

Segundo. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria