Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7872

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da subministración sucesiva de próteses de cadeira con destino aos centros hospitalarios (expediente MA-SER1-16-003).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 18 27.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: MA-SER1-16-003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: acordo marco de selección das empresas que poderán optar a executar os contratos para a subministración sucesiva de próteses de cadeira con destino aos centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/6.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33183100-7.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de selección:

Concepto

Puntuación

Criterios e subcriterios non valorables de forma automática (sobre B)

Calidade do implante                                                                                                               0 - 30

• Deseño

0 - 10

• Características técnicas

0 - 10

• Versatilidade

0 - 10

Evidencia clínica e científica                                                                                                     0 - 20

• Presenza en rexistros

0 - 10

• Estudos e publicacións

0 - 10

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica                                                                                                                      0 - 45

Loxística                                                                                                                                     0 - 5

Criterios de adxudicación dos contratos derivados (2ª fase):

Criterios de adxudicación para a segunda fase

0 - 100 puntos

Instrumental: desagrégase nos seguintes subcriterios:

• Dotación e versatilidade do instrumental específico para o implante, facilidade de manexo e sinxeleza, funcionalidade.

• Colocación en colectores/caixas que faciliten a súa orde, limpeza e transporte.

• Adaptación ás necesidades dos quirófanos e de esterilización.

0 - 48 puntos

Motores cirúrxicos e accesorios e consumibles asociados: desagréganse nos seguintes subcriterios:

• Dotación de motores para a implantación das próteses, especificacións técnicas, adaptabilidade, potencia e facilidade de manexo.

• Accesorios ofertados para os motores tales como serras, guías, brocas e outros consumibles necesarios para o seu funcionamento.

• Dotación doutros consumibles asociados á implantación de prótese, tales como sistemas de lavado pulsátil, sistemas de cementación, kits de cementación ou outros.

0 - 24 puntos

Servizos de valor engadido: desagréganse nos seguintes subcriterios:

• Dispoñibilidade de servizos, programas e prestacións complementarias enfocados a mellorar a eficiencia dos procesos asistenciais, así como a posta á disposición de equipos humanos de apoio.

• Achega, deseño e implementación de tecnoloxías específicas para a xestión de depósitos e a súa rastrexabilidade nos hospitais.

0 - 8 puntos

Prezo

0 - 20 puntos

4. Valor estimado dos contratos: 33.571.278,00 euros.

5. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación do lote, excluído o IVE, de cada contrato derivado do marco.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver letras f) e g) da cláusula 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 7.3.2017.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización da presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 26.1.2017.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos