Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2015124AL-OU, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 10 de novembro de 2016, o conselleiro de Sanidade ditou resolución recaída no recurso de alzada do expediente sancionador 2015124AL-OU incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense a José Luis Cagigao Teixeira, con DNI 44452317-X, titular do establecemento Carnicería Luis.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a José Luis Cagigao Teixeira o contido da resolución do recurso de alzada que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8 e 14, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense, ou nos servizos centrais na Secretaría Xeral Técnica (Servizo Técnico-Xurídico), sita no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O aboamento da sanción farase no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que pode efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial ou nos servizos centrais da Consellería de Sanidade. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 27 de xaneiro de 2017

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 2015124AL-OU.

Interesado: José Luis Cagigao Teixeira, titular da Carnicería Luis.

DNI/NIF/CIF: 44452317-X.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa do Areal, 18-2º E, A Valenzá-Barbadás (Ourense).

Feito imputado: infraccións en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: regulamentos (CE) nº 852/04 e nº 853/04, do 29 de abril.

Sanción imposta: mil douscentos euros (1.200,00 €).