Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7522

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2017 pola que se adhire unha entidade financeira ao convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, subscrito coas sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2017).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 22 de decembro de 2016, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras do Programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2017). As ditas bases foron publicadas mediante Resolución do 29 de decembro de 2016 (DOG núm. 249, do 30 de decembro).

Xunto co texto das devanditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Con data do 25 de xaneiro de 2017 ratifícase a adhesión da entidade financeira Caixabank, S.A., polo que cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e o artigo 11.1.a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape,

RESOLVO:

Engadir a entidade financeira Caixabank, S.A. á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2017), asinado o 29 de decembro de 2016.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica