Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7534

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 76/2014).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 76/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guadalupe Hernández Rodríguez contra Centyc Europa, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza do 23 de xaneiro de 2017, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolvo:

Que estimando integramente a demanda interposta por Guadalupe Hernández Rodríguez contra Centyc Europa, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar á demandante a suma de 6.591,50 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais –que comportan 776,90 euros– desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e os xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización por despedimento –que comporta 5.814,60 euros– desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Centyc Europa, S.L, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza