O Pleno da Deputación Provincial da Coruña, na sesión ordinaria do 23 de decembro do ano 2016, adoptou o acordo de aceptar a delegación de competencias para prestarlle servizos de control financeiro ao Concello de Boimorto do cal se procede a publicar o seu texto íntegro no Diario oficial de Galicia (DOG), para xeral coñecemento.
Primeiro. Aceptar a delegación relativa ao exercicio das funcións de control financeiro sobre as subvencións pagas en concorrencia non competitiva.
Segundo. Aceptar a delegación da instrución e resolución dos expedientes de reintegro e sancionadores derivados dos informes de control financeiro que se emitan en virtude da delegación anterior, así como a liquidación e recadación, tanto en período voluntario como en executivo dos ingresos de dereito público resultantes.
Para este efecto, resultarán tamén de aplicación a esta delegación as bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia.
Terceiro. Publicar o acordo, se é o caso, adoptado polo Pleno provincial, no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.
Unha vez publicado o acordo, someterase a información pública durante un prazo de 30 días co obxecto de que se poidan presentar as reclamacións e suxestións que se consideren oportunas, para o que estará á disposición dos interesados na Secretaría provincial.
De non se presentar reclamacións durante o período de exposición pública, entenderase aprobado definitivamente.
Cuarto. A delegación das competencias entrará en vigor unha vez sexa publicado o acordo definitivo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levará a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos de control financeiro aos concellos de menos de 5.000 habitantes da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial.
A Coruña, 5 de xaneiro de 2017
Valentín González Formoso |
Mª Amparo C.Taboada Gil |