Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2017 Páx. 6917

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 1065/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1065/2015 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Julio Rodríguez García contra Construmética, S.L., Kreta Expansión, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Sentenza 30/2017

Na Coruña o 23 de xaneiro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 1065/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de Julio Rodríguez García, asistido do letrado Alberto Castelo Míguez, contra Kreta Expansión, S.L. e Construmética, S.L., que non comparecen, e contra o Fogasa, que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes:

Decido que, tendo por desistido o demandante da súa pretensión fronte a Construmética, S.L., debo estimar e estimo a demanda presentada por Julio Rodríguez García e condeno a empresa Kreta Expansión, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 12.828,77 euros máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construmética, S.L., Kreta Expansión, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza