Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2017 Páx. 6921

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 387/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 387/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier González Arévalo contra Centro de Ejercicio Integral, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 387/2014, seguidos ante este xulgado por instancia de Javier González Arévalo, representado pola letrada Cristina Gómez Lozano, contra Centro de Ejercicio Integral, S.L., que non comparece, e contra o Fogasa, que tampouco comparece, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Decisión:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Javier González Arévalo e condeno a Centro de Ejercicio Integral, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 1.139,03 euros, máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Centro de Ejercicio Integral, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza