Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2017 Páx. 6783

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (327/2015).

Luis Diego Espino Hernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia da C.P. Rosalía de Castro, 59, de Vigo fronte a María Asunción Reboreda del Río ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución é do teor literal seguinte:

«Sentenza

Xuíza que a dita: maxistrada xuíza Ana Araceli Muñoz Martín.

Lugar: Vigo.

Data: 1 de marzo de 2016.

Demandante: C.P. Rosalía de Castro, 59.

Avogada: Dominga Castiñeiras Madarnas.

Procurador: Manuel Castells López.

Demandado: María Asunción Reboreda del Río.

Procedemento: xuízo verbal 327/2015.

Resolución:

Admitindo integramente a demanda interposta pola C.P. Rosalía de Castro, 59, fronte a María Asunción Reboreda del Río, debo condenar e condeno a esta a aboar á parte demandane a cantidade de 3.384,56 euros máis os xuros legais desde a reclamación xudicial, así como ao pagamento das custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Santander na conta deste expediente 3641.0000 e sinalar no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impuganda co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta a miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo.

(segue firma da maxistrada xuíza)»

E encontrándose a devandita demandada, María Asunción Reboreda del Río, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 9 de xuño de 2016

O letrado da Administración de xustiza