Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2017 Páx. 6765

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 2 de febreiro de 2017 pola que se dispón o nomeamento dun membro do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

A Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, establece no seu artigo 7 o carácter e constitución do seu Consello de Administración, do que forma parte como membro o/a secretario/a, que actuará con voz pero sen voto, correspondendo á consellería competente en materia de pesca o seu nomeamento, de conformidade co disposto no artigo 3 do Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, de regulamento do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O nomeamento de Mercedes Rodríguez Moreda como secretaria do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar