Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2017 Páx. 6766

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 15 de febreiro de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma de Galicia das persoas galegas retornadas, e se convocan para o ano 2016.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 10 da Resolución do 15 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016, publícanse as subvencións concedidas de contía igual ou superior a 3.000 euros.

Finalidade da subvención: as subvencións teñen como finalidade promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas, subvencionando os gastos que comporta o seu establecemento como traballadores/as autónomos/as ou por conta propia ou como socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

Norma reguladora: Resolución do 15 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 41, do 1 de marzo).

Aplicación orzamentaria: 04.30.312C.470.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 2016.

Crédito orzamentario: 150.000 euros.

Persoas beneficiarias da subvención de contía igual ou superior a 3.000 euros e importe da axuda concedida:

Persoas beneficiarias

Importe concedido

Albany Iglesias Pino

6.000,00 €

Daniel Mondelo Bello

5.000,00 €

Luis Alberto Mon Gómez

4.000,00 €

Francisco Javier González Saborido

4.000,00 €

Miguel Yáñez Geada

4.000,00 €

David Pérez Barcia

4.000,00 €

Daniel España Viladoms

3.960,71 €

Cristina Caamaño Vilar

5.586,59 €

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración