Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2017 de modificación das datas límite de presentación de ofertas e de apertura do sobre B previstas na Resolución do 20 de xaneiro de 2017 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación, trámite ordinario e anticipado de gasto, para a contratación do servizo, non suxeito a regulación harmonizada, de apoio técnico no proceso de redacción do proxecto construtivo da obra de infraestruturas básicas hidráulicas no concello de Cospeito, 3ª fase, cofinanciada nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020 (clave OH.227.667).

missing image file

Como resultado da publicación o 7 de febreiro de 2017, no perfil do contratante, da nota aclaratoria do prego de prescricións técnicas particulares en relación coa epígrafe 5, número 5.1, cómpre facer a modificación da Resolución do 20 de xaneiro de 2017 identificada no título desta resolución e publicada no DOG núm. 18, do 26 de xaneiro, no que se refire só ás datas límite de presentación de ofertas e de apertura do sobre B, nos termos seguintes:

– Na páxina 4079, na liña 28, referida á data límite de presentación de ofertas ou de solicitudes de participación, onde di: «a) Data límite de presentación: 15 de febreiro de 2017», entenderase: «a) Data límite de presentación: 28 de febreiro de 2017».

– Na páxina 4080, na liña 22, referida á data e hora de apertura do sobre B, onde di: «d) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 1 de marzo de 2017...», entenderase: «d) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 15 de marzo de 2017...».

Mantense invariable o resto do contido do anuncio de licitación non afectado pola presente modificación.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia