Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-1404/2016-PPM e dous mais.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-1404/2016-PPM e dous mais.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, de A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-1404/2016-PPM.

Persoa interesada: Manuel Borja Jiménez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Portiño, 36, baixo, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-1405/2016-PPM.

Persoa interesada: Ángel Carlos Liñares Martínez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Do Naval, 2, 6º B, Porto de Santa Cruz, Oleiros.

Expediente: PSC-CO-1407/2016-PPM.

Persoa interesada: José Ángel Vilas Martínez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Alfredo Saralegui, 40, 2º esq., Fisterra.