Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6655

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2017 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2016.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas práticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega no terceiro cuadrimestre do ano 2016, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Fundación Galicia Obra Social.

Sen dotación económica

20.9.2016

Convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña e o Consello da Cultura Galega para a realización de prácticas académicas externas curriculares dos estudantes da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña.

Sen dotación económica

15.11.2016

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e Himilce Novas para a doazón, conservación e difusión do arquivo persoal de Lino Novás Calvo.

Sen dotación económica

30.11.2016

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes Saavedra.

Sen dotación económica

12.12.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do estudo O galego no primeiro terzo do século XX: o nacemento das Irmandades da Fala.

42.500,00 €

30.12.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do estudo A pegada da emigración galega na literatura.

40.000,00 €

30.12.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do estudo As mulleres na literatura galega e a súa proxección exterior. Kathleen Nora March.

40.000,00 €

30.12.2016