Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6656

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 2 de febreiro de 2017 pola que se outorgan nomeamentos aos rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles para rexistros vacantes.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario número 295, convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 25 de novembro de 2016 (BOE do 5 de decembro) e resolto pola Resolución do 16 de xaneiro de 2017, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, co Decreto da Xunta de Galicia 72/2013, do 25 de abril, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución e que no anexo se relacionan para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

María del Pilar Rodríguez Bugallo, rexistradora de Negreira para o Rexistro de Santiago de Compostela número 1.