Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6750

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rianxo

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do estudo de detalle relativo ao sinalamento de aliñacións e rasantes e ordenación de volumes do Plan parcial SAU-2 Rianxo.

Pola Xunta de Goberno Local de data 28 de decembro de 2016, aprobouse inicialmente a modificación do estudo de detalle redactado polos servizos municipais de asistencia técnica relativo ao sinalamento de aliñacións e rasantes e ordenación de volumes do Plan parcial SAU-2 Rianxo.

De acordo co establecido no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública por prazo de un mes contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, durante o cal todos os interesados poderán formular as alegacións ou reclamacións que consideren pertinentes.

Este anuncio servirá de notificación nos termos establecidos no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para todo os propietarios e interesados directamente afectados que, por resultar descoñecidos ou por ser ignorado o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente, ou intentada a notificación non se puidese practicar.

O expediente completo está a disposición dos interesados no Departamento de Urbanismo do Concello.

Rianxo, 29 de decembro de 2019

Adolfo Muíños Sánchez
Alcalde