Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Carmen Iglesias Marán.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 330/2016-IN (procedemento ordinario), interposto por Carmen Iglesias Marán fronte á Resolución do 13 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se dispón a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CESM-Omega, CC OO, UGT e CSIF, sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 123, do 30 de xuño).

A recorrente non está de acordo co baremo a que fai referencia o punto II.3.2 do dito pacto, no relativo á experiencia profesional (categoría: grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais e celador/a).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos