Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2017 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/189/2016-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultaren as persoas destinatarias ausentes na súa repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 25 de novembro de 2016, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo rústico consistentes nunha construción de madeira con tipoloxía residencial, no lugar das Naveiras, Veiga, no termo municipal de Ortigueira, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Gilberto Cornide Alonso e a Marta Mª Rodríguez Loureiro, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

As persoas interesadas disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística