Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2017 pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, trámite ordinario e anticipada do gasto, do contrato de servizo, de clave LU/17/005.01 e unha máis.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2º. Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 981 54 49 86.

5º. Telefax: 981 54 47 91.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.gal.

2. Obxecto de cada contrato:

a) Descrición: contrato de servizo do proxecto de trazado e redacción do estudo de impacto ambiental e proxecto construtivo da actuación: conversión en autovía do Corredor Sarria-Monforte, treito: A Pobra de San Xiaio-Sarria centro p.q. 13+500-24+000.

Clave do expediente: LU/17/005.01. Referencia: AT/001/2017.

Orzamento base de licitación: 201.037,40 €, sen IVE. IVE 42.217,85 €. Importe total 243.255,25 €.

Prazo de execución: 12 meses.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=109012.

División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

b) Descrición: contrato de servizo para a realización de expropiacións da obra: mellora da estrada PO-353, treito: Pancenteo-Marzán, ppqq. 3+150 ao 5+360.

Clave do expediente: PO/14/076.02. Referencia: AT/002/2017.

Orzamento base de licitación: 31.822,17 €, sen IVE. IVE: 6.682,66 €. Importe total: 38.504,83 €.

Prazo de execución: 24 meses.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=109013.

División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada do gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Garantías exixidas:

Garantía definitiva: segundo o especificado no parágrafo H do cadro de características.

5. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.1 e 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, e o punto J do cadro de características deste.

b) Solvencia técnica: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, punto K do cadro de características.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o décimo quinto día natural, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 29.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo de Santiago de Compostela e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Apertura de sobre B e sobre C: terá lugar na data e na hora que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/, con 2 días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Se por algún motivo houber que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C reflictirase a nova data no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/.

8. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG: por liña 10,82 euros.

10. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas