Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2017 Páx. 6438

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 30 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador RL 2016/0241-4, incoado por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que non pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta, na entidade bancaria e no prazo que nel se sinalan; noutro caso, incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Vigo, 30 de xaneiro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: RL 2016/0241-4.

Acta: I362016000089638.

Empresa: José Manuel Díaz Miniño.

NIF: 76892611-T.

Enderezo: Ventura Misa, 43, Baiona.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 14, 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación cos artigos 1.1, 2 e 10.1 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.1.a), 39.6 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data de resolución: 13.12.2016.

Resolución: multa de 2.046 euros.