Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5683

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2016, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Así mesmo, e para os efectos de completar a Resolución do 19 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016 (DOG núm. 198, do 18 de outubro), dáse publicidade aos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no segundo cuadrimestre do 2016 pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia
e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2016

Convenio

Importe €

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Estrada para a execución do proxecto denominado «Reposición de muro de contención en camiño de Liripio a Canda, danos do temporal no concello da Estrada 2016».

13.611,48 €

1.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Boiro, para a execución do proxecto denominado «Danos polos temporais de xaneiro e febreiro 2016».

25.410 €

1.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Crecente para a execución das obras de reparación dos danos derivados dos temporais: reparación de vías por derrubamentos en Mollapán e Soutomaior, reparación de muro en Nane, e canalización nos Piñas, Crecente.

89.579,16 €

1.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello do Barco de Valdeorras, para a execución do proxecto denominado danos temporais 2016.

61.484,59 €

1.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Ponteareas, para a execución do proxecto denominado «Reparación de danos nos bens de titularidade municipal afectados polos temporais dos meses de xaneiro e febreiro 2016».

137.484,59 €

1.9.2016

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Xustiza e a Comunidade Autónoma de Galicia para a realización das probas de acceso á profesión de avogado e procurador na lingua cooficial.

0 €

5.9.2016

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Xustiza e a Comunidade Autónoma de Galicia polo que se formalizan os compromisos financeiros do acordo de Consello de Ministros do 3 de xuño de 2016 no que se aproba a distribución do crédito do programa de reforma da Administración de Xustiza.

0 €

5.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahuí (Sogaps) para a realización do proxecto «Prestación de axuda sanitaria e dotación de material sanitario para o hospital de Bojador e completar o equipamento da casa para os médicos na Wilaya de Bojador».

75.000 €

7.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Carballedo para a execución do proxecto denominado «Parque para a utilización recreativa e didáctica do contorno natural dos Peares».

16.357,26 €

8.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Arbo para a execución do proxecto denominado «Urbanización da rúa Antonia Tovar» (primeira fase).

201.239,90 €

9.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Mos para a execución do proxecto denominado «Reparación de danos producidos no Concello de Mos polos temporais de xaneiro e febreiro do ano 2016».

176.938,01 €

9.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Redondela para a execución do proxecto denominado «Danos en diferentes áreas do concello causados polas inundacións acontecidas os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2016».

187.584,12 €

9.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Baiona para a contratación de auxiliares de Policía Local durante a tempada de verán 2016.

12.500 €

9.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Cangas para a contratación de auxiliares de Policía Local durante a tempada de verán 2016.

6.000 €

9.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Nigrán para a contratación de auxiliares de Policía Local durante a tempada de verán 2016.

6.000 €

9.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello do Grove para a contratación de auxiliares de Policía Local durante a tempada de verán 2016.

12.500 €

9.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Poio para a contratación de auxiliares de Policía Local durante a tempada de verán 2016.

6.000 €

9.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Ribeira para a contratación de auxiliares de Policía Local durante a tempada de verán 2016.

6.000 €

9.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Sanxenxo para a contratación de auxiliares de Policía Local durante a tempada de verán 2016.

15.000 €

9.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Sarria para a contratación de auxiliares de Policía Local durante a tempada de verán 2016.

6.000 €

9.9.2016

Convenio de Cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello da Peroxa para a execución do proxecto denominado acondicionamento no contorno dos Peares.

8.764,80 €

12.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o proxecto de fortalecemento da rede galega de cooperación universitaria para o desenvolvemento.

100.000 €

12.9.2016

Convenio de colaboración e coordinación entre o Ministerio do Interior e a Xunta de Galicia en materia de seguridade nos edificios da Administración de Xustiza en Galicia.

1.738.633,70 €

14.9.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Mos para o mantemento dunha brigada de protección e defensa do ambiente e espazos naturais.

0 €

14.9.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e os concellos de Bande e o de Muíños para o mantemento da brigada de protección e mantemento de espazos naturais.

0 €

15.9.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Oia para a execución do proxecto denominado rede de saneamento municipal en núcleos de Mougás e Viladesuso.

0 €

15.9.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Arbo para a execución do proxecto denominado «Urbanización da rúa Antonia Tovar» (primeira fase).

0 €

16.11.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o concello de Mos para a execución de «Reparación de danos producidos no concello de Mos polos temporais de xaneiro e febreiro do ano 2016».

0 €

16.11.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as organizacións non gobernamentais, Solidariedade Internacional de Galicia (SIG), Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso), e a fundación Educación e Cooperación (Educo), para a execución do proxecto «Cooperación galega: o mundo que queremos 2016-2017».

70.000 €

19.9.2016

Convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Redondela para a execución do proxecto denominado «Proxecto de mantemento da senda da auga».

40.000 €

20.9.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para a execución do proxecto denominado «Renovación das carpintarías existente no baixo e terceiro andar da casa do concello de Ourense».

0 €

21.9.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Nigrán, para a execución do proxecto adquisición dun vehículo para labores ambientais.

0 €

21.9.2016

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, o Ministerio Fiscal e mais o Colexio de Avogados da Coruña, para a posta en marcha dun programa experimental de mediación no ámbito penal na Coruña en 2016.

12.000 €

21.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Begonte, para a execución do proxecto de rehabilitación e acondicionamento da casa do concello.

35.000 €

21.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro e as súas federacións veciñais.

65.000 €

21.9.2016

Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, o Ministerio Fiscal, o Colexio de Avogados de Santiago de Compostela e máis a Universidade de Santiago de Compostela, a través do Centro Integral de Análise e Resolución de Conflitos da Universidade de Santiago de Compostela (Ciarcus), para a posta en marcha dun programa experimental de mediación no ámbito penal en Santiago de Compostela en 2016.

18.000 €

21.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local da Coruña.

6.900 €

21.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local de Lugo.

1.800 €

21.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local de Ourense.

2.250 €

21.9.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración Local de Pontevedra.

3.900 €

21.9.2016

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Ministerio de Xustiza, a Comunidade Autónoma de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización de prácticas externas en xulgados e tribunais.

0 €

4.10.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Noia para a execución do proxecto «Arranxo da nave de Protección Civil».

0 €

13.10.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Vilanova de Arousa para a execución do proxecto denominado mellora da eficiencia enerxética en edificio para uso administrativo municipal.

0 €

13.10.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e os concellos de Riotorto e Meira para a adquisición dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos.

0 €

13.10.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Paradela para a execución do proxecto denominado abastecemento de auga a Santa Cristina de Paradela.

0 €

13.10.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Carballedo para a execución do proxecto denominado parque para a utilización recreativa e didáctica do contorno natural dos Peares.

0 €

28.10.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Peroxa para a execución do proxecto denominado acondicionamento no contorno dos Peares.

0 €

31.10.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro e as súas federacións veciñais.

0 €

14.11.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e mais a Fundación Galega contra o Narcotráfico, para a xestión de bens comisados en delitos contra o narcotráfico e conexos.

15.000 €

17.11.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Aixiña.

15.000 €

25.11.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Esperanza Salnés.

15.000 €

29.11.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fundación Europea polas Persoas Desaparecidas GSDGLOBAL.

11.103,41 €

23.12.2016

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia
e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2016

Convenio

Importe €

Data sinatura

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería do Mar para reforzar ao persoal de Gardacostas na loita contra o furtivismo na comunidade autónoma.

60.000 €

10.5.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Universidade de Vigo e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o impulso, difusión e mellora da transparencia na Administración Local de Galicia.

40.000 €

18.7.2016

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e o Concello de Toén para a execución do proxecto de rehabilitación integral e ampliación da casa consistorial.

150.000 €

5.8.2016