Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Álvarez Espiño.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña tramítase o recurso 4/2017-I- (procedemento abreviado), interposto por María Álvarez Espiño contra a Resolución da directora xeral de Recursos Humanos, do 8 de novembro de 2016, pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 22 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (categoría: logopeda) (DOG núm. 176, do 15 de setembro).

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos