Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da adquisición, almacenamento, xestión e distribución de paquetes preventivos de inxección hixiénica para os usuarios de drogas inxectadas (UDI) (expediente MS-CON1-16-017).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do décimo día natural anterior á data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: MS-CON1-16-017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición, almacenamento, xestión e distribución de paquetes preventivos de inxección hixiénica para os usuarios de drogas inxectadas (UDI).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 12 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33141310-6 xeringas.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0 - 100

Oferta económica

0 - 100

4. Valor estimado do contrato: 254.880 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 106.200 euros. Importe total: 128.502 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe de licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver números 16 e 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 28.2.2017.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 15 días contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización da presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, por conta dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 19.1.2017.

12. Outras informacións: ver o número 28 da folla de especificacións.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos