Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2017 Páx. 5580

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2440/2016).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2440/2016

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 578/2015. Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado/a: servizo xurídico da Seguridade Social

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Acciona Facility Services, S.A., Limpiezas Vila, S.L.U., Granitos Burato, S.L., Dionisio Carracedo Rodríguez, Juan Carlos Cabaleiro Vázquez, Granitos Grisrosa, S.L., Renova Servicios Empresariales, S.L.

Avogado/a: Tesouraría Xeral Seguridade Social, Manuel Meréns Ribao, Alberto Viejo López, Rosa María Tarrago Nesta

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2440/2016 desta sección, seguido por instancia de Juan Carlos Cabaleiro Vázquez, aos cales se acumularon os seguidos por instancia de Mutual Midat Cyclops contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua de Accidentes de Traballo Universal Mugenat e as empresas Granitos Burato, S.L., Dinoniso Carracedo Rodríguez, Acciona Facility Services, S.A., Limpiezas Vila, S.L., Renova Servicios Empresariales, S.L. e Granitos Grisrosa, S.L., sobre accidente de grao, ditouse a seguinte resolución:

Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada da Administración da Seguridade Social, na representación que desempeña do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza do quince de febreiro de dous mil dezaseis, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Vigo, en autos seguidos por instancia de Juan Carlos Cabaleiro Vázquez, aos cales se acumularon os seguidos por instancia de Mutual Midat Cyclops, fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua de Accidentes de Trabajo Universal Mugenat e as empresas Granitos Burato, S.L., Dinoniso Carracedo Rodríguez, Acciona Facility Services, S.A., Limpiezas Vila, S.L., Renova Servicios Empresariales, S.L. e Granitos Grisrosa, S.L., sobre incapacidade permanente derivada de enfermidade profesional, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo "observacións ou concepto da transferencia" os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Vila, S.L.U., Renova Servicios Empresariales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza