No Boletín Oficial da provincia, do 9 de xaneiro de 2017 (BOP núm. 6, páxina 2), e no Diario Oficial de Galicia, do 13 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 9, páxina 2066), publícase a convocatoria do procedemento aberto, para a contratación da subministración de ligante C69BP2 para a súa utilización polas brigadas da Deputación Provincial de Ourense durante o ano 2017 na zona oeste da provincia. Ao existir un erro no seu prego de cláusulas administrativas xerais na súa cláusula V, cómpre facer a seguinte corrección:
Onde di:
«Prezo máximo por tonelada de C69BP2 subministrada no centro de traballo da Deputación (nave do Servizo Provincial de Vías e Obras no termo municipal da Pobra de Trives), incluíndo material e transporte, 421,49 € (IVE excluído)».
Debe decir:
«Prezo máximo por tonelada de C69BP2 subministrada no centro de traballo da Deputación (nave do Servizo Provincial de Vías e Obras no polígono de San Cibrao das Viñas), incluíndo material e transporte, 421,49 € (IVE excluído)».
A presente rectificación de erros altera o prazo límite de presentación de ofertas que finalizará o décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación desta corrección de erros no DOG.
Ourense, 27 de xaneiro de 2017
José Manuel Baltar Blanco
Presidente de Deputación Provincial de Ourense