Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2017 Páx. 5656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 11 de xaneiro de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea María Dolores II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea María Dolores II e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 9 de xaneiro de 2017, Magdalena Ordóñez Torres, en nome e en representación da comunidade de herdeiros de José Ramón Laíño Ordóñez, solicitou autorización para transmisión da concesión administrativa e da batea María Dolores II.

Segundo. A solicitante presentou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideración legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar e coa disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogados ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Magdalena Ordóñez Torres (33233197Z), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: María Dolores II.

Situación:

Cuadrícula nº: 50, polígono: H, distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 8.11.1973.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Antigo titular: José Ramón Laíño Ordóñez (33211400K) 100 % privativa.

Nova titular: Magdalena Ordóñez Torres (33233197Z) 100 % privativa.

A nova titular da concesión administrativa subrógase nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Resolución do 12.4.2012)
María José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños da Coruña