Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2017 Páx. 5607

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Asturias (Sala do Social)

EDICTO (101/2015).

Eu, Evelia Alonso Crespo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Asturias, fago saber que no procedemento de recurso de casación para unificación de doutrina 101/2015 (dimanante do recurso de suplicación 0977/2015) desta sección, seguido por instancia de Hidroeléctrica del Cantábrico, S.A., contra Tamoin, Talleres y Montajes Industriales, S.A., Cofivacasa, S.A, Juliana López Hidalgo, Leibi García López, Montajes Nervión, S.A., Montajes Estrada, S.A., Duro Felguera, S.A., Montajes Metálicos Basauri, S.A., Ertank, S.A., Mantenimientos Especializados, S.A., Centunión Española de Coordinación Técnica y Financiera, S.A., Arcelor Mittal España, S.A., Grupo Ferroatlántica, S.A., Construcciones Ruafer, S.A., Fondo de Garantía Salarial, Ferroatlántica, S.A.U. sobre reclamación de cantidade, o Tribunal Supremo ditou resolución con data 10 de novembro de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«A Sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola procuradora Graciela Alonso Uría en nome e representación de Hidroeléctrica del Cantábrico, S.A., representada nesta instancia polo procurador Carlos Mairata Leviña, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza do Principado de Asturias do 24 de xullo de 2015, aclarada polo auto do 23 de outubro de 2015, no recurso de suplicación número 977/2015, interposto por Hidroeléctrica del Cantábrico, S.A., Tamoin Talleres y Montajes Industriales, S.A. e Cofivacasa, S.A., fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Xixón do 15 de setembro de 2014, aclarada polos autos do 2, 8 e 30 de outubro de 2014, no procedemento número 464/2012 seguido por instancia de Juliana López Hidalgo e Leibi García López contra Montajes Nervión, S.A., Montajes Estrada, S.A., Duro Felguera, S.A., Montajes Metálicos Basauri, S.A., Ertank, S.A., Mantenimientos Especializados, S.A., Talleres y Montajes Industriales, S.A. (hoxe Grupo Tamoin, S.A.), Hidroeléctrica del Cantábrico, S.A., Centunión Española de Coordinación Técnica y Financiera, S.A., Arcelor Mittal España, S.A., Grupo Ferroatlántica, S.A., Ferroatlántica, S.A.U., Construcciones Ruafer, S.A., AHV Ensidesacapital, S.A. (hoxe Cofivacasa, S.A.) e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre reclamación de cantidade.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, con imposición de custas á parte recorrente e perda do depósito constituído.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

Para que sirva de notificación en legal forma a Montajes Estrada, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Oviedo, 18 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza