Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2017 Páx. 5491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2017 pola que se anuncia a formalización do contrato mixto para a subministración dun sistema de dixitalización certificada de documentos para a implantación do expediente tributario electrónico (Facenda Dixital), cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e suxeito a regulación harmonizada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2016-051.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: mixto, de subministracións.

b) Descrición do obxecto: contrato mixto para a subministración dun sistema de dixitalización certificada de documentos para a implantación do expediente tributario electrónico (Facenda Dixital), cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e suxeito a regulación harmonizada.

c) CPV: 48000000-8.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial do Estado e Diario Oficial de la Unión Europea.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

1º. Diario Oficial de Galicia: 30.9.2016.

2º. Boletín Oficial del Estado: 5.10.2016.

3º. Diario Oficial da Unión Europea: 28.9.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 579.500,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 579.500,00 €.

b) Importe total: 701.195,00 €, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2016: 574.750,50 €.

Exercicio 2017: 99.825,50 €.

Exercicio 2018: 26.620,00 €.

6. Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 2, prioridade de investimento, 2.3.: reforzo das aplicacións TIC para a Administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica; obxectivo 2.3.2: reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no ámbito dixital; e nun 20 %, con cargo a fondos propios.

A adxudicataria da contratación deberá someterse ás disposicións da Unión Europea: Regulamento (IU) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro, e Regulamento (IU) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 28.11.2016.

b) Data de formalización do contrato: 13.1.2017.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 540.700,00 euros. Importe total: 654.247,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Ejercicio 2017: 636.429,75 €.

Ejercicio 2018: 17.817,25 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2017

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable