Mediante esta cédula e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas físicas e xurídicas que a seguir se mencionan, titulares de establecementos turísticos, as resolucións dos procedementos administrativos de carácter sancionador en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG núm. 216, do 11 de novembro), e que intentadas polos medios habituais non se puideron efectuar.
As/os interesadas/os poderán examinar os seus expedientes e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Axencia Turismo de Galicia, situadas na estrada de Santiago de Compostela-Noia, km 3, A Barcia, de Santiago de Compostela (A Coruña).
Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, as/os interesadas/os poderán interpoñer recurso de reposición ante a titular da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Expediente: TUSAN1 2016/025-1.
Sancionada: Cocina Fusión Tamei, S.L.
NIF nº: B70252341.
Último enderezo: avenida do Porto s/n.
Localidade: Sada (A Coruña).
Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Resolución: multa de 1.500 euros.
Expediente: TUSAN1 2015/061-3.
Sancionado: José Casal Sánchez.
NIF nº: 16228217S.
Último enderezo: praza de Paz Novoa 4.
Localidade: Ourense.
Precepto infrinxido: artigos 110.1 e 110.15 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Resolución: multa de 1.802 euros.
Comunícaselles que as resolucións da Axencia Turismo de Galicia poñen fin á vía administrativa, son, por tanto, executivas, polo que deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.
O aboamento realizarase mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta axencia de turismo. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2017
José Luis Maestro Castiñeiras
Director de Competitividade