Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2017 Páx. 5516

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO do cambio de uso da parcela contigua ao Cine Zárate (biblioteca).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de decembro de 2016, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei do solo de Galicia, aprobar o documento «Estudo previo para a dotación de biblioteca municipal», de novembro de 2016, redactado polos arquitectos Daniel Beiras García Sabell e David Estany Garea, e, en consecuencia, suprimir a adscrición a aparcadoiro público da parcela contigua ao Cine Zárate e ao P4 O Concello, cualificada como solo urbano dotacional de equipamentos (SU-DE). Polo tanto, autorízase como tal SU-DE o uso sociocultural, docente e asistencial.

Contra este acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Mugardos, 13 de xaneiro de 2017

Mª del Pilar Díaz Otero
Alcaldesa