Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2017 Páx. 5512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a licitación do servizo de xestión do arquivo de historias clínicas do Hospital do Salnés (expediente AB-EIP1-17-004).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: avenida de Vigo 16.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4º. Teléfono: 986 88 51 33.

5º. Telefax: 986 88 58 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborables (agás os sábados), das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-17-004.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: servizo de xestión do arquivo de historias clínicas do Hospital do Salnés, centro dependente da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) División por lotes e número de lotes: lote único.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital do Salnés.

1º. Domicilio: r/ Hospital do Salnés 30.

2º. Localidade e código postal: Vilagarcía de Arousa 36616.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia da nomenclatura): 92512000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, regulación harmonizada, multicriterio e anticipado de gastos.

c) Criterios de adxudicación:

• Oferta económica, ata 55 puntos.

• Programa de traballo e organización, ata 20 puntos.

• Recursos materiais e humanos, ata 10 puntos.

• Xestión informatizada do servizo, ata 5 puntos.

• Programa de calidade, ata 5 puntos.

• Proxecto de seguridade, ata 5 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 310.743,80 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 155.371,90 €.

b) Importe total: 188.000,00 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe da licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos especificos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso:

• Solvencia económica e financeira, criterio: abondará que nun do tres últimos exercicios se supere a contía de 155.372,00 € (IVE excluído).

No caso de empresas cuxo período de actividade non abarque os tres últimos exercicios, é necesario que se presente a cifra de negocios do período de actividade da empresa e bastará que nun dos exercicios supere a contía sen IVE do importe de licitación.

Igualmente, deberase superar esta contía cando o período de actividade da empresa non abarque un exercicio completo.

• Solvencia técnica ou profesional, criterio: o licitador considerarase solvente coa presentación de polo menos un traballo ou servizo de igual ou similar natureza dos que constitúen o obxecto do contrato, tomando como criterio de correspondencia entre os servizos executados polo empresario e os que constitúen o obxecto do contrato a pertenza ao mesmo subgrupo de clasificación, se o contrato estivese encadrado nalgún dos establecidos no regulamento, en caso contrario, a igualdade entre os dous primeiros díxitos dos respectivos códigos CPV e cuxo importe supere a contía de 77.686,00 € (IVE excluído). Se se trata de empresas de nova creación, a relación de traballos será a dos realizados no período correspondente á actividade da empresa. A mención na relación e certificado doutro tipo de servizos sen a separación de importes correspondentes invalidará o documento para acreditar a solvencia técnica.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: 24.2.2017.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2º. Enderezo: r/ Loureiro Crespo 2.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C e darase lectura das propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: publicarase no perfil do contratante.

d) Data e hora: a data e hora da realización da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (ver o prego de cláusulas administrativas particulares).

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 16.1.2017.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 2017

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés