Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2017 Páx. 5166

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2017 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no terceiro cuadrimestre do ano 2016.

Para os efectos previstos no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) no terceiro cuadrimestre do ano 2016 que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Título: Convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home para completar o proxecto existente de xeración eléctrica autosuficiente mediante enerxías renovables.

Sinatura: 28 de setembro de 2016.

Importe: 75.000 €.

Obxecto: instalar na comunidade terapéutica situada no lugar de Cernadas, Portomouro, Val do Dubra, un sistema de baterías que complemente o existente e co cal se pretende lograr a autosuficiencia enerxética mediante unha instalación fotovoltaica illada, e almacenar os excedentes de xeración de enerxía nos meses de maior radiación solar, para aumentar a autonomía da instalación nos días de menor radiación solar.