Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2017 Páx. 5106

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte durante o segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2016 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2017

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte

ANEXO

Data de sinatura

Descrición

Importe total

2.6.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e as federacións deportivas para a concesión da utilización das instalacións do campo de fútbol do Couto (Ourense).

--

2.6.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para a reforma da pista anexa do pavillón dos Remedios.

200.000,00 €

14.6.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello da Cañiza (Pontevedra) para a reparación da cuberta do pavillón municipal de deportes.

10.000,00 €

21.6.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Riotorto (Lugo) para a mellora do céspede do campo de fútbol municipal A Veiga.

2.500,00 €

21.6.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Vila de Cruces (Pontevedra) para a mellora e acondicionamento do ximnasio municipal.

6.500,00 €

7.7.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Foz (Lugo) para o acondicionamento da pista de pádel existente en Marzán.

4.500,00 €

11.7.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Abadín (Lugo) para a instalación de pista de pádel anexa á pista multideporte na área recreativa de Gontán.

2.000,00 €

11.7.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Crecente (Pontevedra) para a adquisición de material deportivo para o ximnasio municipal.

9.000,00 €

21.7.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Lousame (A Coruña) para acometer as obras de contención no campo de fútbol da Silva (Cruído).

30.000,00 €

21.7.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Begonte (Lugo) para a reparación da cuberta do pavillón polideportivo de Baamonde.

7.000,00 €

11.8.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Salvaterra do Miño (Pontevedra) para a renovación das pistas de tenis do Parque da Canuda.

40.000,00 €

23.8.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Val do Dubra para as obras de renovación do pavimento da pista do polideportivo de Bembibre.

30.000,00 €

23.8.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Porto do Son (A Coruña) para subministración de equipamento para o complexo deportivo da piscina municipal.

30.000,00 €

26.8.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de San Cibrao das Viñas (Ourense) para subministración de equipamento de mobiliario para ximnasio municipal.

20.000,00 €

8.9.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Baiona (Pontevedra) para levar a cabo a renovación do pavimento e trasdosado da fachada sur no pavillón deportivo de Covaterreña.

47.863,78 €

14.9.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Barreiros (Lugo) para levar a cabo as obras da cuberta da pista de pádel municipal.

49.796,29 €

14.9.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello da Estrada (Pontevedra) para a reforma do pavillón Pérez Viondi.

50.000,00 €

15.9.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Curtis (A Coruña) para o acondicionamento dos vestiarios do pavillón polideportivo.

25.000,00 €

16.9.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Maceda (Ourense) para a construción Pump Track Indoor na antiga nave hípica.

60.453,49 €

19.9.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Riotorto (Lugo) para a construción dunha pista de pádel.

19.999,99 €

20.9.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Vilamarín (Ourense) para a instalación de céspede artificial no campo de fútbol municipal.

250.000,00 €

21.9.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Oímbra (Ourense) para o acondicionamento do vestiario do campo de fútbol de San Cibrao.

30.000,00 €

22.9.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Bóveda (Lugo) para a construción dunha cuberta de tiradores no campo de tiro.

28.138,28 €

22.9.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Mondoñedo (Lugo) para levar a cabo reparacións no complexo deportivo municipal.

25.000,00 €

22.9.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Castro de Rei (Lugo) para a construción dun campo de adestramento de fútbol.

49.890,77 €

22.9.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello do Valadouro (Lugo) para o acondicionamento de terreo para a práctica deportiva de tiro con arco.

3.000,00 €

22.9.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Meaño (Pontevedra) para a reparación do pavillón municipal de Dena.

20.000,00 €

23.9.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Arteixo (A Coruña) para a construción dunha pista multideporte recreativa.

40.000,00 €

23.9.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Sober (Lugo) para a realización de traballos de escarificación nos campos de fútbol de Centeás e A Carqueixa.

20.047,73 €

22.11.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Lobios (Ourense) para a construción de salas multiúsos no polideportivo municipal.

19.950,92 €

24.11.2016

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Laza (Ourense) para levar a cabo as obras de reparación da cuberta do polideportivo municipal.

11.999,99 €

21.9.2016

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Porto do Son (A Coruña) para subministración de equipamento para o complexo deportivo da piscina municipal.

30.000,00 €

23.9.2016

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de San Cibrao das Viñas (Ourense) para subministración de equipamento de mobiliario para o ximnasio municipal.

20.000,00 €

30.9.2016

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra) para a renovación das pistas de tenis do Parque da Canuda.

40.000,00 €

30.9.2016

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello da Estrada (Pontevedra) para a reforma do Pavillón Pérez Viondi.

50.000,00 €

15.11.2016

Segunda addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello da Estrada (Pontevedra) para a reforma do Pavillón Pérez Viondi.

50.000,00 €

14.11.2016

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Arteixo (A Coruña) para a construción dunha pista multideporte recreativa.

40.000,00 €

15.11.2016

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Meaño para a reparación do pavillón municipal de Dena.

20.000,00 €

30.11.2016

Segunda addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Meaño para a reparación do pavillón municipal de Dena.

20.000,00 €