Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2017 Páx. 5006

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3065/2015).

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 3065/2015 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social, Alfredo Acuña Gándara contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Marcelino Martínez, S.L., Canteras Roygan, S.L., Salpérez, S.L., sobre recarga de accidente, se ditou o 9.1.2017 a seguinte resolución:

«Na Coruña o 9 de xaneiro de 2017.

O anterior escrito presentado o pasado cinco de xaneiro polo letrado Sr. Castro Álvarez, en nome e representación de Marcelino Martínez, S.L., únase con antelación ao recurso da súa razón.

Tense por interposto en tempo e forma o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada no presente recurso, así como os testemuños das sentenzas de contraste, igualmente desta sala, correspondentes aos recursos de suplicación 1.410 e 1.641/08 e emprácense as demais partes para que comparezan mediante escrito de letrado, perante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala; deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 2 de Vigo que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

Para que sirva de notificación e emprazamento en legal forma a Canteras Roygan, S.L. e Salpérez, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza